Xa estamos en xuño! Entramos no último mes do curso escolar coas excursións á volta da esquina e as vacacións cada vez máis preto.
Para celebralo, a semana pasada puxemos en marcha unha nova actividade de Biblioteca Creativa: o obradoiro “Tele na biblio”. A formación foi recibida polo alumnado de 5ºA e 5ºB, que desfrutaron moitísimo convertendo a biblioteca nun auténtico plató de televisión.
Froito deste gran traballo realizouse un telexornal moi especial no que se deu información detallada sobre todas as excursións que vai realizar o alumnado nestas semanas.
Que vos parece este primer telexornal de bibliocouto? Gústavos?
Aquí tedes as fotos da nosa biblioteca convertida nun plató de televisión e aos artistas preparados…
No mes de maio tivemos moitas celebracións, pero sen dúbida, o broche de ouro púxoo a nosa gran festa das Letras Galegas.
Para renderlle homenaxe á nosa lingua e á nosa cultura , unímonos nun espectacular festival musical organizado con moitísimo cariño polo noso profe de música Jose Luis Carnicero.
Desde os máis cativos ata os maiores de Primaria, todos os cursos prepararon e ensaiaron con ilusión a súa propia canción en galego.
¡Moitísimas grazas a todos os que fixestes posible este día tan especial!
Pero as celebracións non remataron aí. Polo Día da Familia, os nenos e nenas de Infantil e primeiro ciclo, aproveitando o fío condutor do noso proxecto de centro, “Na beira do mar”, prepararon con moito esmero uns traballos manuais preciosos e cheos de agarimo para as súas familias.
Así de fermosos quedaron os traballos e orgullosos que estaban os nosos pequenos artistas co resultado. ¡Esperamos que vos gusten tanto coma a nós!
Aproveitando as ultimas semanas de clase, no tempo lector estamos traballando con libros vinculados ao noso proxecto sobre o mar. É o momento perfecto para que os alumnos se informen e demostren o ben que len.
Antes de rematar, damos os nosos parabéns ao alumnado de 3º e 5º pola súa fantástica participación no campionato de cálculo mental e de vocabulario de inglés de SUPERTMATIK. Acadaron unha clasificación excelente a nivel internacional!
Grazas polo voso entusiasmo e dedicación. Sodes uns campións!
O vindeiro 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, unha data para homenaxear a nosa cultura e a nosa lingua. Este ano, a Real Academia Galega dedica esta xornada á escritora e xornalista Begoña Caamaño.
Para coñecer mellor a súa figura, compartimos este vídeo realizado polo colexio San Pío X (Ourense). Nel ofrécese unha breve biografía desta autora, nada en Vigo e finada en Santiago de Compostela aos 50 anos.
Queremos achegarnos á figura de Begoña Caamaño dun xeito diferente e divertido: xogando! Grazas ás actividades interactivas propostas polo Seminario Galán, teremos a oportunidade de coñecer a fondo a traxectoria desta escritora e xornalista. Animádesvos a participar?
Nos obradoiros creativos desta semana programamos uns marca-páxinas conmemorativos e uns orixinais comecocos temáticos sobre a autora.
É unha oportunidade perfecta para unir manualidades e literatura. Agardámosvos para dar renda solta á vosa imaxinación. Atrévete a facer o teu!
As propostas lectoras deste mes están dedicadas a Begoña Caamaño e a todas as persoas que, co seu compromiso e a súa voz, impulsaron a nosa cultura e a nosa lingua galega.
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!
GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE FORON, SON E SERÁN FARO E LUZ PARA A NOSA LINGUA
Abril foi, por excelencia, o mes da lectura. Cada actividade programada foi deseñada cun único protagonista: o libro. Desde encontros con autores e sesións de animación lectora, ata a maxia dos contacontos, agardamos que desfrutarades cada unha destas citas.
Como broche final, compartimos este vídeo que resume a programación especial do Día do Libro. Unha escolma de momentos compartidos arredor da lectura, os autores e a narración oral.
O Mes do Libro non sería o mesmo sen a visita dos nosos voluntarios e voluntarias de 6º e este ano tamén de 5º. Esta actividade, que repetimos con moito agarimo cada curso, nace do compromiso desinteresado do noso alumnado máis veterano, que durante a semana do 27 de abril percorreron todos os cursos do colexio compartindo a lectura de contos e fábulas.
¡Grazas de corazón por este agasallo de voz e tempo!”
Edificio GrecoEdificio Sas
Dentro das actividades programadas para celebrar o mes do libro, o alumnado de 1º e 2º de Sas e Greco, participou o pasado mércores 6 de maio nunha xornada de animación á lectura coa gran Sabela Gago.
Grazas, Sabela, por non faltar á túa cita anual con nós!
Queremos compartir con vós o excelente progreso do noso proxecto sobre o mar. Seguimos traballando nel a través de: manualidades, noticias de prensa, e cos cadernos das mochilas viaxeiras.
Este mes de abril celebramos o pracer de ler da man dos alumnos e alumnas do CIFP Portovello. Durante tres días (22, 23 e 24 de abril), a biblioteca encheuse de historias, música e cor para o noso alumnado de Infantil e 1º ciclo de Primaria.
Foi un luxo desfrutar de títulos como: “Nadarín”, “A balea”, “O neno peixe” ou “Xa vou”, acompañados de divertidos obradoiros e animacións.
Estas son as fotos que recollen algúns deses momentos no edificio do Greco
Estas son as fotos que recollen algúns deses momentos no edificio de Sas
Moitísimas grazas pola vosa visita! Esperámosvos coas mans abertas para seguir compartindo a maxia dos contos.
Este curso as historias de Erika Esmorís foron as grandes protagonistas. Lemos e desfrutamos moito nos clubs de lectura e nas aulas con títulos como: “Patio de luces”, “Erin e o lobo”, “Analfabeta” e “Esta é a miña historia e terás que crela”.
Aínda que non foi posible contar coa súa visita presencial como agardabamos, Erika quixo estar presente enviándonos este vídeo tan especial. Nel dedica unhas palabras a todo o colexio e, de xeito moi particular, ao alumnado de 3ºB que leu o libro “Esta é a miña historia e terás que crela”.
¡Moitas grazas por este agasallo, Erika!
Ninguén anima a ler mellor que quen ama de verdade cada páxina dun libro. Temos o privilexio de contar cun alumno que é puro entusiasmo; escoitar as súas cancións e os seus contos é recibir unha dose directa de felicidade.
Grazas por contaxiarnos a túa paixón e por recordarnos que a lectura é, sobre todo, unha alegría compartida.
O 23 de abril celebramos o Día do Libro, unha data especial para lembrar historias que nos inspiran, ensinan e nos acompañan ao longo da nosa vida.
Hoxe queremos render homenaxe a todos os escritores que, co seu talento, abren ventás a mundos novos.
Durante todo o mes estamos a desenvolver actividades de animación á lectura: encontro co autor, animación á lectura con Sabela Gago e Eva Tato, contacontos do CFIP Portovello e apadriñamento lector do alumnado de 6º de Primaria. Desexamos que todo o programado vos guste, xa vos iremos informando!!
O pasado luns, 20 de abril, os clubs de lectura de 5º e 6º de Primaria tiveron un encontro co escritor X.H. Rivadulla Corcón, autor da obra “Os piratas da illa Esperanza”.
A actividade permitiulle aos rapaces e rapazas conversar directamente co autor, resolver dúbidas sobre a trama e facerlle preguntas sobre o proceso de creación do libro. Ademais, puideron escoitar os seus consellos e recomendacións lectoras como escritor profesional. Grazas, Xosé Henrique, por inspirarnos con novas lecturas!
Nos obradoiros da biblioteca estamos a crear uns marcadores de páxina moi especiais, están inspirados tanto nos libros como no noso proxecto “Na beira do mar”. Se non fixeches o teu, aínda estás a tempo!
Seguimos avanzando no noso proxecto de centro, “Na beira do mar“, a través de diferentes actividades. Estes días, o noso hall transformouse nun pequeno museo grazas á exposición filatélica sobre faros, cedida polo profesor de música, Jose Luis Carnicero.
Ademais, a mostra conta con elementos tradicionais que axudan ao noso alumnado a comprender mellor os oficios mariñeiros, como unha nasa (arte de pesca) e unha creba ( restos de naufraxios, madeiras, obxectos perdidos, etc.)
Estas son as fichas que se elaboraron para dar información do que é unha nasa e unha creba
É unha ledicia ver como o proxecto das mochilas viaxeiras continúa o seu camiño, levando ilusión e unindo as familias a través das lecturas e a creatividade.
Queremos destacar o traballo marabilloso que estades a facer coas libretas de viaxe. Sinceramente, non poderían estar quedando mellor: imaxinación, esforzo, agarimo…
A colaboración das familias é o motor que fai que esta iniciativa teña sentido e que os máis pequenos sintan o orgullo de compartir o seu mundo escolar co seu fogar.
GRAZAS POR FACER QUE ESTE PROXECTO SIGA VIAXANDO CON TALENTO E ILUSIÓN!
Xa estamos en abril e temos moitos proxectos na biblioteca, pero antes queremos presentarvos un breve resumo das últimas actividades feitas en marzo.
O alumnado de 1ºB realizou un libro co poema recitado o Día da Poesía, ese poema foi escrito, decorado e así de bonitiño quedou.
Os alumnos e alumnas de 4ºA tamén celebraron a poesía escribindo fermosos poemas adicados ao mar que logo ilustraron e pintaron. Eses poemas hoxe decoran o noso corredor .
Os obradoiros creativos de marzo mesturaron tradición e tecnoloxía. O alumnado deseñou os seus propios ovos de Pascua con bolígrafos 3D. A creatividade e a destreza dixital foron as protagonistas. Grazas a todos os que participastes nestes obradoiros!
Parabéns aos campións! Xa se entregaron os premios do reto número 3 do noso concurso “Canto sabes do mar”.
Grazas a todos por participar con tanto entusiasmo e por demostrar o que sabedes das nosas costas galegas. Xa estamos preparando o reto número 4 que estará relacionado cos libros. Atentos e a participar! Lembrade que sempre hai pequenos agasallos.
O alumnado de primeiro de primaria foi ao auditorio para ver a obra de teatro en inglés THE TIN SOLDIER. Pasárono xenial! Participaron e portáronse de marabilla. Estamos moi orgullosos deles!
Seguimos celebrando o Día da Poesía. Os protagonistas desta páxina son o alumnado de infantil, 1º B e 2ºB do edificio do Greco.
Este ano a experiencia foi moi especial. Non nos quedamos na aula; este ano fixemos as gravacións no estudio de radio do noso colexio. Entre micrófonos e auriculares, os rapaces e rapazas gravaron os seus poemas, demostrando a gran sensibilidade e arte que teñen.
Estamos moi orgullosos de ver como os nosos alumnos máis novos se comportan ante os micrófonos. Isto é só o comezo!
O alumnado de 4 anos do Greco recitou un poema de Rosalía de Castro que prepararon coa súa mestra Rosa. Grazas a Thiago, fabio, Hugo, Enmanuel, Carla, Gabriela, Vera, Athena, Julieta, Lucas, Valentina, Franny, Mael, Nahiris, Mateo, Vera Salgado, Jonatán e Zoe polo voso poema tan galego e tan noso.
O alumnado de 5 anos do Greco recitou un poema de Manuel María que prepararon coa súa mestra Manoli. Grazas a Mateo, Brais, Marco, Hafsa, Carme, Iago, Xoel, André, David, Angélica, Álex, Roi, Ángela, Anaís e Noa o voso recitado está cheo de tenrura.
O alumnado de 1ºBdo Greco recitou o poema “Poemar ao mar” de Antonio García Teijeiro que prepararon coa súa mestra Fina. Grazas a Santiago, Martina, Valery, Álvaro, Martín, Gael, Isaac, Martín e Xoel por cada verso recitado e por abrazar coa vosa voz.
Poemar ao mar
O alumnado de 2ºB do Greco recitou un poema dedicado ao mar que prepararon coa súa mestra Chus. Grazas a Valentina, Sofía, Rafael, Gael, Nour, Stephano, Enrique, Nahomi, Claudia, Cristopher, Kiara, Lia e Nora polo voso traballo e por poñer voz a cada un dos versos recitados.
Grazas as mestras e a todo ou alumnado que preparou esta páxina dedicada á poesía con tanto esmero e cariño. Grazas por compartir sensibilidade, ritmo e musicalidade en cada verso e por darlle vida a cada estrofa.
Seguimos celebrando o Día da Poesía. Os protagonistas son o alumnado de infantil,1ºA e 2ºA do edificio de Sas.
Este ano a experiencia foi moi especial. Non nos quedamos na aula; este ano fixemos as gravacións no estudio de radio do noso colexio. Entre micrófonos e auriculares, os rapaces e rapazas gravaron os seus poemas, demostrando a gran sensibilidade e arte que teñen.
Estamos moi orgullosos de ver como os nosos alumnos máis novos se comportan ante os micrófonos. Isto é só o comezo!
O alumnado de 3 anos de Sas recitou o poema “A nena e o mar” que prepararon coa súa mestra Loli. Grazas a Andrés, Fernando, Liam, Enzo, Mía, Leo, Alba, Blanca, Emma, Sara, Lúa, Noa e Julio o voso poema sensible e melodioso é un anticipo do grandes recitadores de poemas que ides ser.
A nena e o mar
O alumnado de 4 anos de Sas recitou un poema dedicado á primavera que prepararon coa súa mestra Bea. Grazas a Nicolás, Paula, Afnan, Noa, Mencía, Julia, Lorienni, Xián, Xares, Roi, Lúa, Mara, Camila, Mía, Sarela e Zoe o voso poema esta cheo de musicalidade.
A Primavera
O alumnado de 5 anos de Sas recitou o poema “Galego” que prepararon coa súa mestra Marita. Grazas a Thiago, Xan, Marina, Martina, Vera, Teo Ferreiro, Alejandro, Tania, Vera, Álex, June, Alma, Aroa, Helena, Paula e Teo Silva o voso poema é melodioso e está cheo de sentimento pola nosa terriña.
Galego
O alumnado de 1ºA recitou dos poemas: “Plantemos unha árbore”e “Poemar ao mar” de Antonio García Teijeiro e relacionado co noso proxecto. Ambos foron preparados coa súa mestra Inés. Grazas a Xiana, Aritz, Gael, Laia, Lucas, Lucía, Candela, Vega, Alejandro, Samanta, André, Roi, María, Luca, José, Nuno, Izan, Leo e Álex o voso poema soa a amizade, colaboración e sobre todo a amor e respecto polo medio.
Plantemos unha árborePoemar ao mar
O alumnado de 2ºA recitou dous poemas que prepararon coa súa mestra Rosa. Ambos están dedicados ao mar, tema do noso proxecto. Cal vos gusta máis “Din que era raro” ou “La fiesta del mar”?
Grazas a Xoel, Ximena, Alejandro, Alexia, Mateo, Ricardo, Thiago, Antonio, Fátima, Ahmad, Darío, Nazaret,Kilian, Isabelly, Noa, Antía, Adrián e Mario os vosos poemas están cheos de tenrura e sensibilidade.
Din que era raroLa fiesta del mar
Grazas as mestras e a todo ou alumnado que preparou esta páxina dedicada á poesía con tanto esmero e cariño. Grazas por compartir sensibilidade, ritmo e musicalidade en cada verso e por darlle vida a cada estrofa.